- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Descende o paro en Melide e na Comarca durante o pasado mes de xuño
03/07/2018. Un mes máis e así durante os pasados meses, o paro volve a descender na vila e na Comarca da Terra de Melide no pasado mes de xuño. A comarca conta cun total de desempregados de 601 e Melide cun total de 410 desempregados
MELIDE 3 de xullo de 2018.- O paro descende un mes máis en Melide e nos concellos da Comarca: Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes. Na actualidade a Comarca da Terra de Melide conta cun total de 601 desempregados, 29 persoas menos que no pasado mes de maio. Por vilas, en Melide descendeu o paro en 8 persoas con respecto ao mes anterior, tendo un total de 410 desempregados. No Concello de Santiso, o número de persoas que atoparon traballo no último mes foi de 12 persoas, cun total de desempregados de 76. En Sobrado dos Monxes 5 persoas atoparon un emprego cun total de 62 persoas desempregadas e en Toques foron 4 os veciños que abandonaron as listas do paro durante o mes de xuño, existindo un total de 53 persoas desempregadas nese concello.
Con todo, Galicia pechou o mes de xuño superando o millón de afiliacións á Seguridade Social (1.006.499), unha cifra que non se alcanzaba desde hai case 7 anos (agosto de 2011). A Comunidade galega, polo tanto, segue creando emprego cun aumento das afiliacións no último ano do 2,72%, é dicir, 26.622 máis, o que supón que xa son 8 meses consecutivos nos que o aumento anual supera o 2% e as 20.000 afiliacións. Con respecto tamén á creación de emprego, son xa máis de 4 anos de incrementos consecutivos -desde abril de 2014- cunha evolución positiva nas afiliacións e é o maior aumento nos seis primeiros meses do ano desde 2007.