Novas

Máis novas

Moteiros das catro provincias déronse cita en Melide esta fin de semana

02/07/2018. Un ano máis e xa van seis, a Asociación de Moteiros de Melide celebrou esta pasada fin de semana o seu Festival Motorock. A principal novidade foi o cambio de lugar, xa que os concertos e as motos déronse cita no Parque Rosalía

MELIDE 2 de xullo de 2018.- A Asociación Moteira de Melide, Milli Riders, celebrou durante esta fin de semana a súa sexta concentración na vila que durante os últimos anos tamén se celebra como un festival motorock paralelo.

Os actos deste festival comezaron o venres pola tarde noite con varios concertos ao carón do parque Rosalía de Castro, nova ubicación xa que o Cantón de San Roque nas últimas edicións quedábase pequeno para albergar aos numerosos participantes nas actividades organizadas polo clube moteiro melidense.

A maiores da concentración moteira, o Festival Motorock ofreceu varias exhibicións ao longo de toda a fin de semana así como tamén varios concertos, entre os que sobresaíu o de Cuarta Xusta, grupo local o venres e o Mago de Oz, durante a noite do sábado que congregou a numerosas persoas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp