- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide entrega mañá a Medalla de Ouro 2018 a Casa Juanito
28/06/2018. No salón de Plenos entregarase mañá ás 12h a Medalla de Ouro 2018 a Casa Juanito, por ser o comercio máis antigo da vila e seguir conservando a esencia do primeiro día. A corporación municipal a que faga entrega deste recoñecemento
MELIDE 28 de xuño de 2018.- Será mañá ás 12 do mediodía nun acto que se celebrará mañá 29 de xuño no salón de plenos da Casa Consistorial de Melide, cando a corporación municipal lle entregue a Medalla de Ouro 2018 a Casa Juanito. Trátase do máximo recoñecemento que o Concello de Melide entrega cada ano a un veciño ou veciña ou negocio durante o día do patrón da vila, que se celebra mañá, día de San Pedro.
Xa a comezos deste mes de xuño, o actual equipo do goberno de Melide aprobou no Pleno recoñecer coa máxima distinción da vila, a Medalla de Ouro 2018, a Casa Juanito. Trátase dun establecemento local que está en activo dende o ano 1910 e que fundou Juan Rodríguez Uriñe. Nestes momentos, o ultramarinos melidense ten como propietario a Juan José Rodríguez, a terceira xeración que rexenta este negocio en Melide, coñecido non só na vila senón tamén en toda a súa zona de influencia. Son só, algúns dos motivos, polos que o equipo de goberno de Melide, aprobou esta proposta.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, facía especial fincapé no merecedor recoñecemento a esta casa xa que “trátase dunha mostra do comercio local, centenario en Melide e exemplo de cercanía e conservación dunha empresa familiar a través das xeracións e cun produto de máxima calidade e referente no comercio melidense”. “É o comercio máis lonxevo de Melide que continua a día de hoxe activo, dá a benvida aos peregrinos do Camiño Primitivo, coa súa situación na AC-840 na entrada ao casco antigo de Melide”, remataba a rexedora.