Novas

Máis novas

O Plan de Banda Larga 2020 dotará a Furelos de acceso ultrarrápido a internet

27/06/2018. Furelos foi incluida dentro Plan de Banda Longa da Xunta de Galicia polo que será beneficiaria para dotar a este núcleo de acceso ultrarrápido a internet. Para as zonas de Forte Novo e Priorada os trámites están en execución

MELIDE 27 de xuño de 2018.- O Concello de Melide vén de recibir a notificación da Xunta de Galicia na que se explica que a parroquia de Furelos será beneficiaria do Plan de Banda Larga 2020. Trátase dunha iniciativa que o goberno autonómico con este Plan xunto coa Administración Xeral do Estado co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración poñen en marcha para promover de xeito complemetario despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a internet no territorio galego.

Será polo tanto durante a quenda máis inmediata a parroquia de Furelos a que se verá beneficiaria con este Plan, que despregará redes ultrarrápidas en núcleos de toda Galicia, que posibilitarán servizos de acceso a internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica.

Ademais, no informe que vén de recibir o Concello de Melide por parte da Xunta de Galicia tamén se fai especial mención ás zonas do Forte Novo e Priorada, zonas da vila ás que tamén se lle concederon subvencións dende o Estado para a dotación de acceso ultrarrápido a internet e que están actualmente en trámite.

Dende o Concello de Melide celebran esta boa nova que sen dúbida beneficiará aos veciños destas zonas, nun mundo no que o o acceso a internet é imprescindible nos negocios e no noso día a día.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp