Novas

Máis novas

Lucía Pérez contará a súa experiencia como peregrina no Foro do Camiño

27/06/2018. O Concello acolle durante a xornada de mañá un Foro do Camiño de Santiago que se celebrará dende ás 20h na casa da cultura. A alcaldesa, o xerente de Xestión do Plan Xacobeo e o presidente de Agatur tamén estarán presentes neste foro

MELIDE 27 de xuño de 2018.- Melide será mañá sede para acoller un foro sobre o Camiño de Santiago. Trátase dunha actividade organizada pola Voz de Galicia en colaboración co Concello de Melide que se celebrará mañá ás 20h da tarde na casa da cultura.

Este foro abordará na vila a actualidade do Camiño de Santiago con diferentes enfoques peros destacando os beneficios que os peregrinos traen ás vilas que se ubican dentro da Ruta Xacobea. Moderado polo xornalista Cristóbal Ramírez, serán participantes no foro Lucía Pérez, cantante galega que tivo a posibilidade de vivir a experiencia do Camiño de Santiago nun programa de televisión para a canle autonómica, Rafael Sánchez, xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Juan Luis López, presidente da Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur) e a alcaldesa de Melide, Dalia García.

A entrada é totalmente libre e gratuita para participar neste foro e terá como obxetivo ofrecer de xeito ameno a realidade actual da peregrinación a Santiago de Compostela como un factor que xera recursos económicos e impulsa o desenvolvemento social e cultural. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp