Novas

Máis novas

Dan comezo os campamentos urbanos para a conciliación familiar e laboral

26/06/2018. Onte deron comezo os campamentos deportivos e creativos de Melide para preto de cen nenos que facilitarán a conciliación laboral e familiar durante os meses de verán onde as familias seguen traballando e os nenos teñen vacacións

MELIDE 26 de xuño de 2018.- O Concello de Melide, dende a súa concellería de Igualdade e Benestar, que dirixe María Jesús López, deu comezo durante a xornada de onte aos campamentos urbanos.

Este ano, ofrécense dúas alternativas. Por unha banda, a que se denomina “Verán de aventuras” para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 15 anos onde se traballará especialmente a creatividade dos cativos.  Pola outra, haberá un campus deportivo para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e 15 anos. Será unha actividade dirixida á practica da maior variedade posible de xogos e modalidades deportivas aproveitando as vacacións estivais dos adolescentes. Co desenvolvemento desta alternativa deportiva búscase evitar o sedentarismo e fomentar os valores asociados ao deporte como a convivencia, a tolerancia, a vida saudable, etc.. facendo uso das infraestruturas deportivas e contorno natural de Melide.

FACILITAR A CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR

Trátase dunha alternativa que se ofrecen dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello para facilitar a conciliación laboral e familiar durante os meses de verán, cando é habitual que os pais e as nais teñan que seguir coa súa rutina laboral, mentres os rapaces e rapazas gozan das súas vacacións de verán. Escoitamos a María Jesús López, concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide..

O horario dos campamentos son de 8.45h e ata as 14.15h.  de luns a venres, a excepción do próximo venres 29 de xuño, día de San Pedro e o luns 16 de xullo, día do Carme, festivos locais en Melide.

A actividade levarase a cabo no pavillón polideportivo do CEIP Número 1 de Melide. As persoas interesadas en realizar a inscrición poden achegarse ao Concello de Melide para realizar o trámite. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp