Novas

Máis novas

A sala de exposicións acolle a mostra do traballo do alumnado de fotografía

25/06/2018. A sala de exposicións da casa da cultura acolle unha nova mostra. Desta volta, tócalle a quenda aos traballos do alumnado de fotografía das Escolas Culturais do Concello de Melide. A entrada será de libre e gratuita ata o vindeiro venres 29 de xuño

MELIDE 25 de xuño de 2018.- O alumnado da actividade de fotografía das Escolas Culturais do Concello de Melide expoñen os seus traballos realizados ao longo de todo o curso na sala de exposicións da casa da cultura da localidade.

Con entrada libre e gratuita poderán acceder a esta exposición todas as persoas interesadas en coñecer o traballo realizado ao longo do curso polo alumnado de fotografía. Alumnado con idades dispares que acudiron durante todo o ano ás clases cun profesional deste ámbito que lles ensinou o manexo da cámara fotográfica así como tamén a utilización dos puntos de luz para realizar unha instatánea perfecta.

A exposición estará aberta ata o vindeiro venres 29 de xuño en horario de 17h a 21h na sala de exposicións da casa da cultura con entrada libre e gratuita. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp