- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Abertas as piscinas descubertas da área recreativa do río Furelos para o verán
25/06/2018. A área recreativa do río Furelos conta con dúas piscinas descubertas, unha con máis profundidade e outra máis pequena para o goce e disfrute dos máis pequenos. A entrada ás piscinas é de balde e están abertas os sete días da semana
MELIDE 25 de xuño de 2018.- As piscinas descubertas da área recreativa do río Furelos veñen de abrir durante esta pasada fin de semana as súas portas. Este ano tres socorristas atenderán as necesidades da praia fluvial máis tránsitada do centro se Galicia.
As piscinas descubertas da área recreativa do río Furelos teñen unha gran afluencia por estar instaladas preto do núcleo urbanos e cunha gran cantidade de servicios para o público infantil, como o parque totalmente acondicionado ao efecto xunto co vaso coa profundidade mínima.
As piscinas estarán abertas en horario ininterrumpido dende as 12h da mañá e ata ás 20h da tarde.