Novas

Máis novas

Os escolares coñecen a fauna e a flora de Melide e Comarca a través dun puzzle

21/06/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada da xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, María Fernández, entregaron aos rapaces do colexio número 1 puzzles educativos para coñecer os territorios do Leader

 

MELIDE 21 de xuño de 2018.- Os rapaces e rapazas dos tres colexios de Melide poderán coñecer a fauna e a flora da vila e da Comarca de maneira educativa. A través de puzles os máis pequenos profundizarán nas diferentes especies de árbores e de animais que viven en Melide, na Comarca e no resto dos concellos que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada pola xerente do GDR Ulla Tambre Mandeo, María Fernández, achegáronse durante a xornada de onte ao colexio número 1 de Melide para repartir puzzles de duascentas pezas que amosan a fauna e flora da Comarca. A maiores de Melide, Toques, Santiso e Sobrado, tamén sae reflexada a riqueza animal e vexetal doutros concellos que forman parte deste GDR como son  Vilsantar, Boimorto, Arzúa, O Pino e Touro.

Co comezo do vindeiro curso, a alcaldesa e a xerente do GDR realizarán visitas nos outros centros de educación primaria da vila de Melide para facerlles chegar este puzzle a todos os nenos de primaria con idadades comprendidas entre os 8 e os 10 anos do municipio.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp