Novas

Máis novas

Melloras na pavimentación das pistas de acceso á parroquia de Furelos

21/06/2018. Durante a xornada de onte, a alcaldesa de Melide vén de asinar o contrato de adxudicación definitiva para a pavimentación de tres pistas que da acceso ao núcleo da parroquia de Furelos. As obras comezarán e rematarán no mes de xullo

MELIDE 21 de xuño de 2018.- O Concello de Melide realizará melloras na pavimentación das pistas de acceso á parroquia de Furelos. A alcaldesa de Melide, Dalia García, vén de asinar na mañá de onte o contrato de adxudicación definitiva para realizar estes traballos.

As obras consistirán na pavimentación de tres pistas que dan acceso ao núcleo da parroquia de Furelos. Unha será a que vai dende a N-547 ata a propia a aldea, outra será a que une o Campamento Xuvenil coa coñecida ponte medieval, e a terceira a que vai dende a estrada vella de Furelos ao núcleo da aldea.  As melloras terán un investimento de 89.000 euros e serán executadas no vindeiro mes de xullo.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, facía especial fincapé na boa nova que é para Melide e para a propia parroquia estas mellordas xa que “ Furelos é un núcleo fundamental para o Camiño de Santiago ao seu paso polo noso concello”.

Esta actuación en Furelos enmárcase dentro dun plan de mellora das parroquias que se executa dende o Concello de Melide, como o son tamén as obras que se levarán a cabo na parroquia de Cazallas, “dúas das nosas parroquias que nestes momentos precisan de especial atención por parte do Concello nos seus accesos”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp