Novas

Máis novas

A Xunta inviste 35.000 euros na mellora dos centros educativos de Melide

19/06/2018. Indalecio Cabana, xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia da Coruña visitou xunto con Dalia García, alcaldesa de Melide e Rosa Cabado, concelleira de Obras os centro educativos da vila

MELIDE 19 de xuño de 2018.- Durante a mañá de onte, Indalecio Cabana, xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia da Coruña visitou onte Melide onde coñeceu de preto as inversións que a Xunta de Galicia leva realizado nos últimos temos nos tres colexios públicos así como tamén no IES do municipio.

Cabana, estivo acompañado durante a súa visita da alcaldesa de Melide, Dalia García e da concelleira de Obras, Rosa Cabado. O xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na provincia avanzou durante a súa visita de onte que a Xunta de Galicia investirá 35.000 euros máis nos centros educativos da vila. 

Os traballos que se realizarán serán de mantemento e conservación das instalación. Así no colexio número 2 realizaranse melloras do tellado, no colexio número 3 e no colexio número 1 aderezarán os canalóns. A maior inversión realizarase no IES de Melide.

Dalia García, alcaldesa de Melide agradece unha vez máis que a Xunta de Galicia teña en conta a Melide para realizar estas melloras nos centros educativos, centros que debido ao alto número de escolares cos que conta Melide necesitan cada ano obras de mantemento para que os nosos rapaces e rapazas poidan recibir a súa formación nas condicións adecuadas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp