- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide clausura o curso do obradoiro de memoria do Centro Social
19/06/2018. Como cada ano co remate do mes de xuño as actividades que se organizan dende o Concello de Melide ao longo do curso chegan ao seu fin. É o caso do obradoiro de memoria do Centro Social que onte se despedía ata o mes de outubro
MELIDE 19 de xuño de 2018.- O Concello de Melide, dende a súa concellería de Igualdad e Benestar organiza cada ano diferentes actividades para os usuarios e usuarias do Centro Social co afán de ofrecer ocio de calidade para os máis maiores da vila.
Durante a xornada de onte, María Jesús López, a concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide era a encargada de clausurar o obradoiro de memoria que dende o pasado mes de outubro se leva celebrando no Centro Social durante dúas horas os luns pola mañá. As encargadas de levar a cabo este obradoiro foron María Jesús Segade, educadora familiar e María Gómez, psicóloga, ámbalas dúas persoal local.
Un total de 25 persoas acudiron durante este curso ao obradoiro de memoria, onde de xeito gratuito puideron mellorar as súas capacidades congnitivas mediante diferentes exercizos de reforzo. A actividade volverá a reanuadarse no mes de outubro.
Dende o Concello de Melide poñen en marcha numerosas actividades ao longo do ano co obxetivo de ofrecer alternativas de ocio que sexan capaces de mellorar a calidade de vida dos maiores do municipio.