- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide acolle unha charla informativa sobre as distancias legais das plantacións
18/06/2018. Persoal do Distrito Forestal de Ordes achegarase mañá a Melide para resolver as dúbidas dos veciños en canto á Lei 7/2012 de Montes de Galicia. A cita terá lugar na Casa da Cultura da vila ás 12h da mañá con entrada libre e gratuita
MELIDE 18 de xuño de 2018.- O Concello de Melide organiza para mañá martes ás 12h da mañá na Casa da Cultura da vila unha charla sobre as distancias de seguridade que teñen que deixarse dende o arborado dos terreos forestais. Ofrecerase aos veciños e veciñas información de interese sobre a Lei 7/2012 de Montes de Galicia.
Segundo esta lei, están prohibidas as reproboacións forestais en solo urbano, de núcleo rural, urbanixable e de especial protección agropecuaria, así como tamén están prohibidas as reproboacións forestais con eucaliptos en terreos previamente ocupados por frondosas.
A charla de mañá martes será ás 12h na Casa da Cultura de Melide e será impartida por técnicos do distrito forestal de Ordes, quenes resolverán todas as dúbidas dos veciños e veciñas da vila.