Novas

Máis novas

Cheo absoluto no Palacio de Congresos coa IV Exposición de Cans de Caza

18/06/2018. Durante a xornada de onte, Melide acollía unha nova edición da IV Exposición de Cans de Caza Terra de Melide que un ano máis se celebraba no Palacio de Congresos e Exposicións da vila. Contou con preto de mil exemplares participantes

~~MELIDE 18 de xuño de 2018.- O Palacio de Congresos e Exposicións de Melide foi o lugar elixido para celebrar este pasado domingo a IV Exposición de Perros de Caza Terra de Melide que contou con preto de mil cans inscritos.
O Palacio de Congresos e Exposicións de Melide abriu durante a xornada de onte as portas ao público ás 9h da mañá onde todos os que se achegaron ao longo da mañá puideron ver as diferentes razas de cans que se xuntaron neste evento. No transcurso da mañá tamén se levou a cabo o VIII Concurso Monográfico do Club Español de beagle, beagle-harrier. Un grupo de xuíces caninos entregou tamén os trofeos á mellor xaula, á mellor reala, á mellor camada e ao mellor exemplar.
Dende o Concello de Melide, a súa alcaldesa, Dalia García, amosa unha vez máis o apoio o organismo local a este tipo de eventos que son quen de ofrecer alternativas novidosas na fin de semana na vila e ao mesmo tempo de facer chegar xentes de moitos lugares a Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp