- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Concello e Asociación Deportiva Cerne asinan un convenio de colaboración
15/06/2018. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Melide e a Asociación Deportiva Cerne Melide asinaron un convenio de colaboración dotado de 3.000 euros, cartos cos que o organismo local apoia o labor que realiza a asociación
MELIDE 15 de xuño de 2018.- Dalia García, a alcaldesa de Melide e Ángel García, presidente da Asociación Deportiva Cerne, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre o organismo local e a asociación.
O Concello de Melide, destina así 3.000 euros no orzamento deste 2018, para o apoio ás actividades que realiza esta asociación deportiva ao longo do ano, sendo o seu evento máis grande, a Media Maratón “Os 21 do Camiño” que se celebrará na xornada de mañá e na que participarán máis de 700 corredores.
XUNTANZA DE TRABALLO
Ao mesmo tempo que se realizaba a sinatura do convenio, a alcaldesa de Melide e o presidente da Asociación Cerne mantiveron durante a mañá de hoxe unha xuntanza de traballo co fin de utimar os últimos detalles de cara a proba que se celebrará mañá.