- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A obra “A tenda do pobo” clausura o curso da Escola Municipal de Teatro de Melide
15/06/2018. Este domingo a Casa da Cultura de Melide acollerá a clausura do curso 2017/2018 da Escola Municipal de Teatro. O grupo, composto por un total de 10 rapaces, poñerán en escea a obra “A tenda do pobo”, a entrada será libre e gratuita
MELIDE 15 de xuño de 2018.- grupo de teatro das Escolas Culturais do Concello de Melide pon na tarde deste domingo 17 de xuño o seu punto final coa representación A Tenda do Pobo ás 20h da tarde.
Dez nenos e nenas de diferentes idades son os componentes do grupo de teatro municipal dirixido pola Asociación Cultural Charamela, tendo como directora á melidense Mary Gómez Neira.
Coa representación do vindeiro domingo, a escola de teatro municipal pon o seu punto final ao curso 2017/2018. Xa no vindeiro mes de setembro, a concellería de Cultura e Deportes do Concello de Melide volverá a abrir as inscricións para o vindeiro curso.