Novas

Máis novas

O Certame Miss e Mister Galicia Terceira Idade celebra as súas vodas de prata

15/06/2018. Hoxe presentouse en Melide a programación das vodas de prata do Certame de Miss e Míster Galicia da Terceira Idade. Buses de diferentes centros sociais de toda Galicia achegaranse a vila para celebrar o evento o domingo 1 de xullo

MELIDE 15 de xuño de 2018.- Durante a mañá de hoxe presentouse na Casa do Concello de Melide unha nova edición do Certame de Miss e Míster Galicia. Se cabe, será unha edición máis especial cas anteriores xa que neste 2018, celébranse as vodas de praza do certame, polo que dende a concellería de Igualdade e Benestar, departamento encargado da organización do evento, sumaron todos os esforzos para que sexa un evento que non deixe indiferente a ninguén.

Dalia García, alcaldesa de Melide, e María Jesús López, concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, presentaron a edición XXV do Certame de Miss e Míster Galicia da Terceira Idade que se celebrará como vén sendo habitual o primeiro domingo do mes de xullo.

Entre as novidades deste ano, atópase que a coñecida cantante galega, Lucía Pérez, achegarase a Melide ese día para presentar o seu último traballo “Quince Soles” e será tamén, xunto con Isabel Ramos locutora da radio local, a encargada de presentar o concurso de Miss e Mister Galicia da Terceira Idade.  Tamén visitarán Melide ese día a Tuna de Veteranos de Veteranos da Coruña.

Como unha iniciativa nova e para celebrar o XXV aniversario desta festividade que congrega a milleiros de persoas na vila, Haberá tamén unha exhibición de baile profesional por parte dos campión galegos de bachata, Xurxo e Reyes, que tamén serán parte do xurado do XXV Campionato Galego de Pasodobres.

A repostaría tradicional de Melide, os ricos, melindres e amendoados tamén estarán presentes en Melide para celebrar este certame,  haberá unha degustación para todos os asistentes no Cantón de San Roque, centro neurálxico desta celebración.

Unha vez rematado o concurso, a música continuará ata ben entrada a tarde cunha orquestra.

MISS E MÍSTER GALICIA DA TERCEIRA IDADE

O concurso elixirá a Miss Beleza, Miss Elegancia, Miss Fotoxenia, Miss Verán, Miss Simpatía e Miss Marchosa. No apartado masculino, repartiranse as bandas de Míster Guapo, Míster Simpático, Míster Marchoso e Míster Elegante. Os títulos máis sonados, como cada ano, serán o de Miss Galicia e Míster Galicia da Terceira Idade 2018, que serán entregados polas persoas que recibiron este cargo no pasado ano 2017.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp