Novas

Máis novas

Melide contará este verán con tres auxiliares que reforzarán a Policía Local

15/06/2018. Melide foi un dos 24 concellos galegos que delegaron na Xunta as súas competencias para acometer o proceso de selección de auxiliares de policía. Grazas a este proceso, Melide incorporará este verán tres auxiliares de policía local

MELIDE 15 de xuño de 2018.- O Concello de Melide integra tres auxiliares de Policía Local este verán. A previsión é que estes novos traballadores estén en activo durante os tres meses estivais, comezando durante a xornada de hoxe venres.

Melide, forma parte dos 24 concellos galegos que delegaron na Xunta de Galicia as súas competencias para acometer o proceso de selección de auxiliares de policía local. O organismo autonómico, comunicou hai uns días que unha vez rematado o proceso, os concellos xa poden contratar aos candidatos que pasaron as probas e realizaron o curso de capacitación.

Durante o mes pasado, realizáronse as probas físicas e teóricas. As persoas que as superaron participaron, durante os pasados días, nun curso de carácter obrigatorio no que abordaron materias como o dereito procesual-penal, policía administrativa, ética e principios básicos de actuación, primeiros auxilios, seguridade viaria e regulación de tráfico.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, amósase satisfeita da celeridade coa que se realizaron todos os trámites administrativos por parte do goberno autonómico para que os concellos que delegamos esta xestión poidamos contar coa máxima rapidez dos servizos dos auxiliares de policía local. García facía especial fincapé e que “os auxiliares de policía sufragaranse con medios propios e contribuirán a intensificar a vixiancia na vila e realizarán labores de apoio á Policía Local de Melide, como xa nos comprometeramos unha vez que o proxecto se puxo en marcha por parte da Xunta de Galicia”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp