Novas

Máis novas

Un millar de cans participarán IV Exposición de Perros de Caza en Melide

14/06/2018. Un ano máis, o Palacio de Congresos e Exposicións de Melide acolle a Exposición de Perros de Caza Terra de Melide que se levará a cabo esta vindeira fin de semana, durante a xornada do domingo, con preto de mil cans xa inscritos

MELIDE 14 de xuño de 2018.- O Palacio de Congresos e Exposicións de Melide será o lugar elixido para celebrar este próximo domingo 17 de xuño a IV Exposición de Perros de Caza Terra de Melide que contará con preto de mil cans xa inscritos.

O Palacio de Congresos e Exposicións de Melide abrirá as portas ao público ás 9h da mañá onde todos os que se acheguen poderán ver as diferentes razas de cans que se xuntarán neste evento. No transcurso da mañá tamén se levará a cabo o VIII Concurso Monográfico do Club Español de beagle, beagle-harrier.

Un grupo de xuíces caninos entregará trofeos á mellor xaula, á mellor reala, á mellor camada e ao mellor exemplar.

Dende o Concello de Melide, a súa alcaldesa, Dalia García, amosa unha vez máis o apoio o organismo local a este tipo de eventos que son quen de ofrecer alternativas novidosas na fin de semana na vila e ao mesmo tempo de  facer chegar xentes de moitos lugares a Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp