- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Xuventude organiza unha excursión a Barcelona para os máis novos de Melide
14/06/2018. Os rapaces con idades comprendidas entre os 13 e 17 anos poderán gozar dunha excursión a Barcelona que se organiza para a última semana do mes de xuño. As persoas interesadas xa poden inscribirse no departamento de Cultura do Concello
MELIDE 14 de xuño de 2018.- O Concello de Melide, a través da súa concellería de Xuventude, que dirixe Yolanda Pérez, organiza para a última semana do mes de xuño, do martes 26 ao venres 29, unha excursión a Barcelona para mozos e mozas da vila con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos. As prazas son limitadas polo que terán preferencia as persoas que antes se inscriban.
Durante esta viaxe os rapaces e rapazas da vila poderán visitar a cidade de Barcelona e os seus principais atractivos turísticos como por exemplo o parque Güell ou a Sagrada Familia e tamén terán tempo de pasar un día no parque de atraccións de Por Aventura.
O prezo por persoa para esta viaxe será de 120 euros nos que se inclúe a viaxe de ida e volta a Barcelona en autobús, o aloxamento na cidade con réxime de media pensión e a entrada a Port Aventura.
Para realizar a inscrición é necesario cubrir unha solicitude que xa está a disposición dos interesados e interesadas no departamento de Cultura do Concello de Melide. A información adicional pode solicitarse chamando ao 981 50 50 03 extensión 112 ou no correo electrónico cultura@concellodemelide.gal.
Dende a concellería de Xuventude traballase coa intención de ofrecer alternativas de ocio que sexan do agrado dos mozos e mozas da vila. É por iso que se pon en marcha esta viaxe co fin de que os rapaces de Melide coñezan a cidade de Barcelona e ao mesmo tempo poidan gozar dun día no parque de Port Aventura. Cultura e ocio van da man nesta iniciativa.