- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Rematan as obras de mellora na explanada do Grupo Sindical en Melide
12/06/2018. O Concello de Melide realizou melloras na explanada do Grupo Sindical, coñecida como segunda explanada do Campo da Feira, onde acondicionou o firme e a posta en marcha dun sistema de saneamento nunha zona moi transitada da vila
~~MELIDE 12 de xuño de 2018.- A explanada do Grupo Sindical, tamén coñecida como segunda explanada do Campo da Feira, luce estes días un renovado firme cun novo sistema de saneamento. Con estas melloras, o Concello de Melide dá continuidade a unhas melloras que xa comezaron na anterior lexislatura do actual equipo de goberno para optimizar a zona.
As obras, que tiveron un orzamento de preto de 30.000 euros, consistiron na mellora do pavimento con aglomerado en quente e a canalización da rede de saneamento con separación de pluviais.
Dalia García, alcaldesa de Melide, explicaba que “se trata dunhas obras demandas polos veciños e que nós atentendo esas prioridades decidimos executar dende o Concello”. “A explanada do Grupo Sindical en Melide ten moito tráfico rodado xa que é a estrada secundaria que une a AC-840 coa N-547, dúas entradas que principais de comunicación a nosa vila”, concluía a rexedora.
Coa finalización destas obras, o Campo da Feira de Melide, conta con dúas explanadas totalmente renovadas, unha que xa está habilitada para zona de aparcadoiro e autocavanas e esta última con novo pavimento e saneamento completando así a reforma integral da zona.