- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis de 900 persoas participan na comida de confraternidade da terceira idade
11/06/2018. Melide celebrou durante a xornada de onte unha edición máis da comida de confraternidade que o Concello organiza para os maiores, socios e socias do Centro Social. Non só compartiron xantar senón tamén un día cheo de actividades
MELIDE 11 de xuño de 2018.- Máis de 900 persoas participaron na comida de confraternidade que organizou onte o Concello de Melide como cada ano para os maiores da vila e dos concellos limítrofes.
Os participantes reuníronse para compartir unha misa solemne na igrexa parroquial de Melide por todos os maiores falecidos e a continuación gozaron dunha comida no Palacio de Congresos e Exposicións da vila.
Durante o transcurso desta xornada, María Barreiro, veciña de Maceda e a avoa de Melide, celebrou o seu 105 aniversario, idade que cumprirá a finais deste mes de xuño, momento especial do día, onde se lle fixo unha pequena homenaxe por parte do Concello de Melide a esta veciña que compartiu a xornada de onte acompañada dos seus familiares. Posteriormente ao xantar, os participantes compartiron unha sesión de baile cunha orquestra.
Un ano máis, a concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, facía balance positivo desta xuntanza, xa que “superamos todas as expectativas ao contar con máis de 900 participantes, cifra superior aos anos anteriores”. A alcaldesa de Melide Dalia García, engadía que “coma sempre foi un merecido recoñecemento aos maiores da nosa vila e concellos limítrofes que despois dunha vida chea de traballos e esforzos gozan ahora dun descanso que teñen máis que gañado”.