- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis de 800 persoas asistirán á comida de irmandade da terceira idade de Melide
08/06/2018. Como cada ano por estas datas, o Concello de Melide organiza unha comida de confraternidade na que se reúnen os socios e socias do Centro Social, que non só son veciños da vila senón que tamén chegan dende outros puntos da Comarca
MELIDE 8 de xuño de 2018.- Máis de 800 persoas participarán na comida de confraternidade que organiza o Concello de Melide como cada ano para os maiores da vila e dos concellos limítrofes.
Como é habitual, os participantes reuniranse para compartir unha misa solemne na igrexa parroquial de Melide por todos os maiores facelidos e a continuación compartirán unha comida de confraternidade no Palacio de Congresos e Exposicións da vila.
Durante o transcurso desta xornada, María Barreiro, veciña de Maceda e a avoa de Melide, celebrará o seu 105 aniversario, idade que cumprirá a finais deste mes de xuño, onde se lle fará unha especial homenaxe acompañada dos seus familiares.
Os maiores que acudan á comida de confraternidade poderán bailar ata ben entrada á tarde coa música de orquestra que amenizará a xornada.
As persoas interesadas en acudir aínda poden retirar a súa entrada ata o propio día da comida, o vindeiro domingo 10 de xuño. As persoas interesadas en recibir máis información teñen que achegarse ata o Centro Social de Melide.
María Jesús López Mourón, concelleira de Igualdade e Benestar, animaba aos veciños a que acudisen a esta xornada onde poderán compartir experiencias cos seus iguais e pasar un día diferente, “un recoñecemento para todos os maiores despois dunha vida chea de traballos e esforzos”.