Novas

Máis novas

O Pleno aproba o recoñecemento de Casa Juanito como Medalla de Ouro 2018

08/06/2018. A corporación melidense do Concello de Melide aprobou no transcurso do Pleno que se celebraba onte o recoñecemento da Medalla de Ouro 2018 para Casa Juanito. Un establecemento comercial da vila con máis cen anos de traxectoria

MELIDE 8 de xuño de 2018.- O actual equipo do goberno de Melide aprobou no Pleno de onte recoñecer coa máxima distinción da vila, a Medalla de Ouro 2018, a Casa Juanito. Trátase dun establecemento local que está en activo dende o ano 1910 e que fundou Juan Rodríguez Uriña. Nestes momentos, o ultramarinos melidense ten como propietario a Juan José Rodríguez, a terceira xeración que rexenta este negocio en Melide, coñecido non só na vila senón tamén en toda a súa zona de influencia.  Son só, algúns dos motivos, polos que onte o equipo de goberno de Melide,aprobou esta proposta.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, facía especial fincapé no merecedor recoñecemento a esta casa xa que “trátase dunha mostra do comercio local, centenario en Melide  e exemplo de cercanía e conservación dunha empresa familiar a través das xeracións e cun produto de máxima calidade e referente no comercio melidense”. “É o comercio máis lonxevo de Melide que continua a día de hoxe activo, dá a benvida aos peregrinos do Camiño Primitivo, coa súa situación na AC-840 na entrada ao casco antigo de Melide”, remataba a rexedora.

A Medalla de Ouro 2018 a Casa Juanito será entregada polo equipo de goberno nun acto que terá lugar no salón de Plenos do Concello de Melide, como ven sendo habitual, o próximo 29 de xuño, día de San Pedro, patrón da vila. 

MELIDE MEDRA URBANÍSTICAMENTE

Tamén no Pleno de onte aprobouse o estudo detalle definitivo para unha promoción inmobiliaria que se levará a cabo na Ronda de Pontevedra número 1 por parte dun promotor privado.

Dende o punto de vista do equipo de goberno “é fundamental recoller as inquietudes de crecemento urbanístico que hai en Melide, por iso votamos a favor neste punto, xa que este xunto con outros proxectos significan para Melide un incremento nos movementos da nosa economía que repercuten en beneficio de todos”. A alcaldesa explicaba que “Melide segue sendo un lugar atractivo para promover e invertir”. “Trátase dunha cuestión privada que pasou moitos trámites pero que sen dúbida beneficia a todos os veciños e contribue a eliminar un punto de feísmo nestes momentos da vila como é a esquina céntrica que une a Ronda de Pontevedra coa rúa Melide Di Lugano”, decía Dalia García.

RENDIR CONTAS CON FACENDA

Por outra banda, tamén na tarde de onte, o actual equipo de gobeno, deu conta dos informes de intervención que son necesarios para remitilos ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas cada trimestre.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explicaba que “aínda que neste primeiro trimestre do ano, o pago medio a proveedores incrementouse con respecto ao último do 2017, seguimos sendo solventes e áxiles en canto á tramitación administrativa de todas as facturas que chegan aos servizos intervención do noso Concello”. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp