Novas

Máis novas

Descende o paro en Melide e na Comarca no pasado mes de maio

06/06/2018. Outro mes máis o paro descende na nosa vila e na Comarca da Terra de Melide. Actualmente o municipio melidense conta cun total de 418 desempregados e no conxunto da Comarca a cifra é de 630, doce menos que no mes de abril

MELIDE 6 de xuño de 2018.- Volve a descender o paro en Melide e na nosa Comarca no mes de maio. No total da Comarca son 12 persoas menos ás que xa non están no paro. Por Concellos, Melide lidera a caída do paro con 15 persoas menos desempregados no mes de maio e conta cun total de desempregados de 418. En Santiso e en Sobrado dos Monxes, o paro medra en 3 e 1 persoa respectivamente e en Toques descende nunha persoa. Así, no conxunto total da Comarca o número de desempregados é de 630, doce menos que no mes anterior.

No conxunto galego, Galicia é por terceiro mes consecutivo a Comunidade na que máis baixou o paro na evolución anual, cunha caída do 11,49%, o que se traduce en 22.942 desempregados menos. Isto supón que a Comunidade rexistra este ano por quinto mes consecutivo unha caída histórica do paro. Ademais, desde xaneiro, o desemprego está a baixar cada mes polo menos un 10% e, como mínimo, en 22.000 persoas, o que, en palabras de Toca, son unhas cifras que apoian as políticas activas de emprego que está a executar a Xunta. O desemprego en Galicia leva xa catro anos e medio baixando de maneira consecutiva e sitúase en niveis de hai 9 anos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp