- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Éxito de participación na clausura das Escolas Deportivas e Culturais
04/06/2018. O Concello de Melide clausurou durante a pasada fin de semana o curso das Escolas Deportivas e Culturais. O primeiro escenario foi o polideportivo na Martagona e o segundo na Casa da Cultura. Asistiron máis de medio millar de participantes
MELIDE 4 de xuño de 2018.- Melide puxo o punto final ás Escolas Deportivas e Culturais no pavillón municipal ao curso 2017-2018 en canto a deporte se refire. Así, o pavillón da Martagona foi o lugar elixido para pechar este curso que contou con numero público asistente así como máis de 200 participantes en pista, onde se realizaron onde se realizaron demostracións das actividades aprendidas durante todo o curso.
Disciplinas clásicas como pode ser o fútbol sala que conxugou oferta terapéutica e deportiva de Bule Melide así como artística entre os bailes de breakdance que fixeron os adolescentes de baile moderno.
Melide congregou no pavillón de deportes municipal a asistentes de toda a vila e parroquias; centos de persoas ateigaron as gradas do pavillón para celebrar a festa do deporte.
O fútbol sala amosouse en todas as súas categorías, Bule Melide ou ximnasia terapéutica, ximnasia de mantemento no Centro Social así como nas parroquias do rural melidense conxugado coas diferentes modalidades de zumba e a aportación inesquecible da ximnasia psicomotriz do Centro Ocupacional resume moi ben a oferta deportiva da vila.
Ao acto no que estiveron presentes a alcaldesa de Melide, Dalia García, así como a concelleira de deportes Dolores Gómez; Maria Jesús López e Rosa Cabado, asistiu un numeroso público que encheu as instalacións municipais.
Xa na xornada do sábado, deuse por clausurado o curso das escolas Culturais, coa exhibición de ballet, baile e música tradicional e corte e confección, onde o alumnado desta modalidade realizou un desfile coas prendas que fixeron ao longo do curso.
MÁIS CLAUSURAS DAS ACTIVIDADES EN MELIDE
Pero a clausura das Escolas Culturais non remata aínda este sábado, 2 de xuño, se non que o alumnado da escola de teatro municipal interpretará unha obra de teatro o domingo, 17 de xuño na casa da cultura e o alumnado da escola de Fotografía expoñerá desde o 22 ata o 29 de xuño as fotografías sacadas durante o curso, incluíndo nela as feitas cunha sesión con modelo.
O Concello de Melide continuará organizando as Escolas Deportivas e Culturais ano tras ano, xa que cada edición que se clausura son máis os veciños e veciñas que dedicen participar na vida activa da vila. A mediados do mes de setembro, o Concello de Melide abrirá de novo o prazo para poder participar nestas actividades xa para o curso 2018/2019.