- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Punto final ao curso 2017/2018 de cociña do Concello de Melide
01/06/2018. O curso de cociña que todos os anos se organiza dende a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, chegaba onte ao seu fin. Os alumnos compartiron uns petiscos que eles mesmos elaboraron no salón rexio do Concello
MELIDE 1 de xuño de 2018.- O alumnado da actividade de cociña puxo onte o seu punto final a esta oportunidade que o Concello de Melide ofrece aos veciños ao longo de todo o ano para aprender máis sobre a arte culinaria.
Durante todo o ano, dende o mes de outubro do 2018 e ata este mes de maio, o grupo asistiu unha vez á semana a actividade de cociña durante dúas horas nas que, acompañados pola súa monitora puideron aprender máis sobre a elaboración de diferentes pratos e a súa maneira de presentalos.
Un ano máis, o balance que se fai dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide que dirixe María Jesús López Mourón é “máis que positivo, xa que os veciños agradecen moito a aorganización destas actividades nas que ao mesmo tempo que socializan tamén aprenden cousas que poden aplicar na cociña no seu día a día”.