Novas

Máis novas

A Asociación das Festas do San Roque reúnese coa hostalería local

01/06/2018. Cada vez falta menos para o mes de agosto, falar de agosto en Melide é falar de San Roque. Por iso, a Asociación das Festas do San roque reunirase mañá pola tarde coa hostalería local para avanzar na organización das festas

MELIDE 1 de xuño de 2018.- A Asociación de Festas do San Roque de Melide convoca a todos os membros da hostalería de Melide a unha xuntanza para a organización da vindeira edición destas festas que como é habitual terán lugar do 16 de agosto en diante na nosa vila.

A través dunha carta, a Asociación de Festas do San Roque cita aos hostaleiros de Melide para a tarde de mañá sábado 2 de xuño na Sala de Conferencias do Edifico Multiusos da vila ás 17h da tarde para presentar a Comisión de Festas do San Roque deste presente ano. Tamén nesta xuntanza trazaranse as principais liñas de organización para esta celebración e outras cuestión de interese para a hostalería.

As Festas do San Roque que se celebran en agosto en Melide é unha das celebracións máis importantes de Melide e que aglutina a maior número de visitantes á localidade. Tal e como explican dende a asociación organizadora das festas “suponen un motor económico moi importante para os nosos negocios, que xunto co mes de agosto fan de Melide un formigueiro de xentes chegadas de lugares moi dispares”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp