Novas

Máis novas

O Campionato Galego de Probas para a Copa Galicia Terra de Melide atrae cazadores de toda España

01/04/2017. O Pazo de Congresos da vila e o monte Bocelo acollen esta cita que congregou a máis de 300 participantes procedentes de distintas provincias españolas. Os premios en metálico das tres categorías do certamen alcanzaron os 3.000 euros.

Melide aproveita a gran reserva cinexética dos seus montes para consolidar o que xa é un referente no norte de España como o mellor campionato de rastro, Proba Copa Galicia Terra de Melide de xabarín, coello e San Huberto. 

Este fin de semana dende onte venres, son moitos, centos os cazadores provintes dos diferentes puntos da xeografía Española que están a competir neste campionato. Representantes de cotos de Asturias, Cantabria, Zamora, Madrid, Cataluña son algún dos representantes, ademáis de todos os puntos da xeografia galega os que están participando nesta modalidade de rastro de xabarían hoxe sábado.

Mañá terán lugar as probas do Campionato de San Huberto dende a madrugada ata ben entrado o mediodía. Como novidades nesta edición, o organizador e colaborador deste evento, Antonio Méndez Romero, destaca que en cada edición se sube o nivel, complementando o rastro clásico de xabarín, coello e perdiz con categorías infantís, como é o caso da que se celebrou hoxe pola mañá con participantes menores de idade, entre os 8 e os 13 e 14 anos así como unha modalidade de rastro para mulleres que terá lugar mañá.

Trátase, segundo destaca a rexedora melidá, Dalia García, - quen visitou o evento acompañada dos concelleiros de Medio Rural, Pablo Costoya, así como de Obras e Servizos, Rosa Cabado e Maria Jesús López edil de Benestar Social- unha proba que complementa natureza, deporte e turismo xa que de non ser por eventos como o que estamos a celebrar esta fin de semana moitos dos participantes non terian coñecido a nosa vila nin a súa riqueza natural así como gastronómica ou turística. 

Tres días nos que Melide adicase á unha das actividades que máis afeccionados ten no territorio cunha repercusión económica moi importante para o municipio. Mañá seguirán as competicións en diferentes puntos e campos preparados ao efecto para San Huberto. Os premios en metálico alcanzan os tres mil euros entre as diferentes categorías. A clausura do acto e a entrega de trofeos terá lugar aproximadamente ás 19.00 h do serán. 
 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp