Novas

Máis novas

Exhibicións para o punto final a actividade das Escolas Deportivas e Culturais

01/06/2018. Un ano máis e chegando ao remate do curso académico, o dto. de Cultura e Deportes clausura o curso das Escolas Deportivas e Culturais con diferentes exhibicións e demostracións do traballo realizado ao longo de todo o curso

MELIDE 1 de xuño de 2018.-  Esta fin de semana, o Concello de Melide clausura as actividades das Escolas Deportivas e Culturais do curso 2017-2018 con exhibicións das distintas modalidades.  

Durante a xornada de hoxe venres, a cita será coas escolas deportivas do Concello de Melide. A exhibición de clausura terá lugar dende ás 18h da tarde no pavillón municipal de deportes. As modalidade que realizarán exhibición esta tarde serán as actividades de Bule Melide, Ximnasia Terapeútica, Ximnasia no rural, Ximnasia da 3ª idade, zumba, patinaxe, fútbol sala, taekwondo, bádminton, trx e jumping.

Por outra banda, mañá sábado 2 de xuño, dende ás 19h da tarde na Casa da Cultura de Melide clausuraranse as actividades das escolas culturais coa exhibición das seguintes modalidades: actuación da escola de ballet, actuación da escola de baile e música tradicional: baile, pandeireta, baile galego, gaita e percusión e desfile de moda por parte da escola de corte e confección. Tamén, dentro das escolas culturais, os asistentes a esta gala exhibición poderán achegarse á sala de exposicións da Casa da Cultura onde están expostos os traballos do alumnado da escola de pintura.

Pero a clausura das Escolas Culturais non remata aínda este sábado, 2 de xuño, se non que o alumnado da escola de teatro municipal interpretará unha obra de teatro o domingo, 17 de xuño na casa da cultura e o alumnado da escola de Fotografía expoñerá desde o 22 ata o 29 de xuño as fotografías sacadas durante o curso, incluíndo nela as feitas cunha sesión con modelo.  

 O Concello de Melide continuará organizando as Escolas Deportivas e Culturais ano tras ano, xa que cada edición que se clausura son máis os veciños e veciñas que dedicen participar na vida activa da vila. A mediados do mes de setembro, o Concello de Melide abrirá de novo o prazo para poder participar nestas actividades xa para o curso 2018/2019.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp