Novas

Máis novas

Melide recibe 40.000 euros de Turismo de Galicia para reparar o Camiño

23/05/2018. A alcaldesa de Melide, asinou no día de onte un convenio de colaboración con Turismo de Galicia para realizar actuacións urxentes de reparación no Camiño debido aos danos causados polas inclemencias meteorolóxicas dos últimos meses

MELIDE 23 de maio de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, asinou no día de onte un convenio de coalboración con Turismo de Galicia, xunto con outros dez concellos polos que discorre o Camiño Francés.

Ao Concello de Melide correspóndenlle 39.521,20 euros, cartos cos que se mellorarán diferentes treitos do Camiño de Santiago que trascorren pola nosa vila e que actualmente se atopan en moi mal estado debido aos danos causados polas choivas e os temporais dos últimos meses.

No seu conxunto, a Xunta de Galicia mobiliza un investimento de preto de 360.000 euros para levar a cabo estas actuacións urxentes de reparación no Camiño. A Xunta de Galicia achegará o 77% dos fondos necesarios para desenvolver estas accións, mentres que o restante será aportado polos concellos. Esta actuación permitirá que estea en perfectas condicións ante a tempada estival, cando se recibe maior volume de peregrinos.

Dalia García, alcaldesa de Melide, agradecía unha vez máis “o esforzo do goberno galego para mellorar o Camiño Francés ao seu paso pola nosa vila, xa que é necesario que este treito se atope en boas condicións, son moitos os peregrinos que coñecen Melide a través do Camiño de Santiago”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp