- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Balance positivo do último ano na reciclaxe de vidro no Concello de Melide
22/05/2018. O Concello de Melide vén de coñecer os últimos datos publicados pola Empresa Ecovidrio, entidades en ánimo de lucro encargada de xestionar a reciclaxe de vidro en España. Melide recicla ao ano entre 20 e 24 quilos de vidro por habitante
MELIDE 22 de maio de 2018.- O Concello de Melide vén de coñecer os últimos datos do estudo anual que publica a empresa Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro encargada de xestionar a reciclaxe en España.
Segundo os últimos datos de Ecovidrio en 2017 contamos cun contedor de vidro en Melide por cada 137 habitantes e ao longo do pasado ano, a vila reciclou algo máis de 151 mil quilos de vidro.
Na actualidade a nosa vila conta cun total de 54 contedores e a media recollida anual neles é de 2.806 quilos. Melide recicla ao ano entre 20 e 24 quilos de vidro por cada veciño.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, anima a toda a veciñanza a que “siga no bo camiño, incrementando a reciclaxe nos seus fogares renovando así cada día o seu compromiso co medioambiente”. “
MELIDE COA CAMPAÑA HORECA DESDE XANEIRO
O Concello de Melide pretende que este ano 2018 se incrementen os datos de reciclaxe de vidro grazas a súa adhesión á Campaña Horeca que xa se puxo en marcha dende comezos de ano en case un centenar de establecementos da hostalería. Esta iniciativa ten como obxetivo facilitar a bares, cafeterías, restaurantes, pubs e demais establecementos do sector a recollida e depósito do vidro destinado á reciclaxe.