- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
María Victoria Moreno, protagonista nunha exposición do Concello de Melide
22/05/2018. O Concello dende o departamento de Cultura que dirixe Dolores Gómez, puxeron en marcha a semana pasada unha chea de actividades para celebrar o día das Letras Galegas. O baixo do propio concello acolle estes días unha exposición
~~MELIDE 22 de maio de 2018.- O baixo da Casa do Concello de Melide acolle e ata o próximo 4 de xuño, unha exposición que leva por nome “ María Victoria Moreno. Paisaxes e Personaxes”, unha exposición que se enmarca dentro das actividades que se puxeron en marcha con motivo da celebración do día das Letras Galegas que tivo lugar a semana pasada dende o departamento de Cultura que dirixe Dolores Gómez.
Trátase dunha exposición que chega a Melide por parte da Xunta de Galicia que lle rende tributo a María Victoria Moreno, con este proxecto expositivo itinerante que visitará ata decembro diferentes localidades galegas para achegarlle á cidadanía a figura, a vida e a obra da autora homenaxeada. A mostra baséase en ilustracións dos principais personaxes e escenarios de oito libros de María Victoria Moreno creadas por Nuria Díaz, Lucía Cobo, Xan López Domínguez, Jacobo F. Serrano, Jacobo Muñiz, Mari Fe Quesada, Bea Lema e Dani Padrón, baixo a coordinación de David Pintor.
A exposición pode visitarse no baixo do Concello de Melide con entrada libre e gratuita ata o vindeiro 4 de xuño.