Novas

Máis novas

Proxectos emprendedores no interior de Galicia: unha nova actividade industrial no Polígono da Madanela

01/04/2017. Esta mañá, a Conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, acompañada pola alcaldesa de Melide, Dalia García e membros do executivo local, visitaron un dos proxectos emprendedores que se levaron a cabo no Polígono industrial de Melide.

A conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, ven de inaugurar unha nova nave comercial no Polígono Industrial da Madanela esta mañá acompañada pola alcaldesa melidá, Dalia García e concelleiros que tamén estiveron presentes no acto. Diego Sánchez, é un empresario local que amplía con esta instalación parte do seu negoción existente ademais de apostar por outra liñas de negocio moi ligadas ás que xa posuía. 

Esta nova instalación supón unha mellora na empregabilidade da zona así como un proxecto de emprendemento que se leva a cabo grazas as liñas que a Xunta de Galicia dende a Consellería de Medio Rural puxo en marcha para financiar proxectos no medio rural non instrinsicamente agrarios senon que tamén industriais, liñas ás que este empresario melidense non dubidou en acollerse para ampliar o seu negocio. 

A alcaldesa de Melide, Dalia García, subliñou pola súa banda a importancia de que a administración sexa áxil na xestión de este tipo de proxectos e en calquera outro para non eivar o que xa de por si é un proceso dificultoso para quen é novo no tema de emprender, sen embargo, destaca todo o apoio da admistración local e autonómica para levar adiante este tipo de proxectos. 

As liñas da Consellería de Medio Rural para a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria están xa abertas neste ano 2017 para a nova convocatoria e as de empresas non agrarias estarán públicas en breve. O Concello de Melide ten un servizo de orientación laboral gratuíto para a información con respecto a estas axudas. 
 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp