- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
“Mar Adiante” finaliza o domingo a programación da semana das letras
18/05/2018. A Concellería de Cultura do Concello de Melide que dirixe Dolores Gómez, poñerá o punto final á programación da semana das Letras Galegas en Melide co espectáculo “Mar Adiante” o domingo. A actividade está dirixida a toda a familia
MELIDE 18 de maio de 2018.- O Concello de Melide, dende a súa concellería de Cultura que dirixe Dolores Gómez, organizou durante toda esta semana actividades para promover a lectura e ao mesmo tempo celebrar o día das letras galegas que tiña lugar o seu día propio na xornada de onte xoves.
A formación de Vila de Cruces Odaiko Percusión xunto á compañía lalinense Fantoches Baj, decidiron unir forzas e promover o espectáculo músico-teatral baseado no libro Mar Adiante de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano o día das letras galegas. Será precisamente, este espectáculo o que poña o punto final á programación das letras galegas no Concello de Melide o vindeiro domingo.
A música a cargo de Odaiko créase a partir de obxetos reutilizados, dende botes de plástico a tuberías de PVC. Inacio Vilariño é o autor da peza e encárgase tamén da dirección e do diseño da escenografía, ademais de ser un dos tres actores-músicos xunto con Begoña Lorenzo e Juan Collazo. A construcción dos elementos do escenario é obra do artista de Lalín, Luis Iglesias Luchi, mentres que o deseño do espacio sonoro ten a Adrián Saavedra como autor e a D-Due no vestiario.
Mar Adiante conta, como se fose un soño da autora, a construcción do barco Arroás por un carpinteiro de ribeira para usalo como escola. Neste lugar, os nenos e as nenas de Portosouril poden sentirse libres. Trátase dun espectáculo que mestura cantigas e música, danza e marionetas nunha singular travesía na que os espectadores navegan rumbo á Illa dos paxaros. Os arroaces, o vento do norte, as mareas e as estrelas son protagonistas nesta historia que recrea o conto de Crarisca e Luceiro, nun espectáculo para toda a familia.
O espectáculo de Odaiko e Fantoches Baj terá lugar na Casa da Cultura de Melide este domingo día 20 de maio ás 18.30h con entrada libre e gratuita.
EXPOSICIÓN DE MARÍA VICTORIA MORENO
Dende o pasado 16 de maio e ata o próximo 4 de xuño, o baixo da Casa do Concello de Melide acolle unha exposición que leva por nome “María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes”. A mostra, dirixida a todos os públicos, busca achegar a imaxe da escritora homenaxada o día das Letras Galegas.