Novas

Máis novas

Melide volverá a presumir de lonxevidade coa xuntanza dos maiores en xuño

16/05/2018. A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, que dirixe María Jesús López, traballa para para unha nova edición da xuntanza anual dos maiores. A cita xa está no calendario, celebrarase o domingo 10 de xuño

MELIDE 16 de maio de 2018.- O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Igualdade e Benestar que dirixe María Jesús López, organizan para o domingo 10 de xuño unha nova xuntanza dos maiores na vila.

A xuntanza será como é habitual no pazo de Congresos e Exposicións de Melide dende ás 13h na que os máis lonxevos serán os protagonistas, onde compartirán un xantar de confraternidade composto por un menú popular.

O Concello de Melide envía durante estes días cartas informativas a todos os socios e socias do Centro Social para comunicarlles a data da celebración da xuntanza anual así como tamén cal vai a ser o programa de actividades.

Os maiores compartirán xantar, unha misa na igrexa parroquial en memoria dos socios e socias do Centro Social falecidos e tarde de baile. As persoas interesadas en compartir comida de irmandande en Melide teñen que achegar ás instalacións do propio Centro Social para recoller as entradas.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, anima a participar un ano máis nesta xuntanza de confraternidade que “non é máis que unha merecida homenaxe a todas as persoas maiores da nosa vila e contorna”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp