Novas

Máis novas

Ovidio Rodeiro visita as empresas beneficiarias do Plan de Banda Longa

16/05/2018. O delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou xunto coa alcaldesa de Melide, Dalia García e membros do seu goberno, diferentes empresas do polígono Industrial adheridos ao Plan de Banda Longa

MELIDE 16 de maio de 2017.-  O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o polígono industrial de Melide, acompañado pola alcaldesa de Melide, Dalia García e empresarios do polígono. Trátase dunha das 22 áreas empresariais da provincia que se incorporaron o ano pasado á actuación de despregamento en polígonos do Plan de banda larga da Xunta e o operador R, e que contempla, para 2018, a súa implantación en outros seis parques empresariais da provincia: O Acevedo, en Cerceda; Curtis-Teixeiro; Cruz das Cabezas, en As Pontes de García Rodríguez, As Somozas e Boqueixón.

Rodeiro lembrou que grazas a este proxecto, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega),” o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100 Megas antes do remate do presente ano. As empresas dos polígonos beneficiadas desta actuación do plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 megas de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas”.

O Plan xa completou o despregamento en 57 polígonos e este ano chegará aos 24 restantes. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100Mbps. A Amtega achega unha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de 5,2 millóns. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp