- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide celebra o día das Letras Galegas cunha semana chea de actividades
14/05/2018. Sobresaen as actividades para escolares na Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor de Melide, pero tamén, dende o Concello de Melide se programou un concerto de Odaiko e Fantoches Baj para público familiar na Casa da Cultura
MELIDE 14 de maio de 2018.- O Concello de Melide a través da súa concellería de Cultura que dirixe Dolores Gómez, organiza durante toda a semana numerosas actividades para celebrar o día das Letras Galegas que este ano homenaxea a figura de María Victoria Moreno.
As actividades organizadas en Melide comezaron na mañá de hoxe, onde os cativos e cativas dos tres colexios da vila de educación infantil e primeiro de primaria se achegaron ata a biblioteca municipal para gozar dun espectáculo de animación á lectura con contos, cancións e misterios con Luis Vallecillo.
Será mañá martes cando lle toque o turno aos títeres co espectáculo “Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón” da compañía Viravolta Títeres, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de primaria dos tres colexios de Melide. Tamén ese mesmo día, o martes 15 de maio, Xaquín Vázquez, o técnico de Normalización Lingüística do Concello de Melide, realizará un programa especial en Radio Melide para falar da figura de María Victoria Moreno.
O mércores, os escolares tamén terán actividade na vila dentro da programación das Letras Galegas, “María e os ollo alabarados” un espectáculo de narración oral e monicreques chega a Melide para o alumnado de 2º,3º e 4º de primaria dos tres colexios. Pola tarde, a partir das 19h, está organizado un percorrido musical polas rúas de Melide a cargo do alumnado das escolas de gaita e percusión do Concello de Melide, dirixidas por Miguel Vázquez.
O domingo, 20 de maio ás 18.30h e para pechar a programación das letras no Concello de Melide, a casa da cultura acolle o espectáculo “Mar adiante” de Odaiko e Fantoches Baj: cantigas, música, danza e marionetas nun espectáculo baseado na obra homónima de María Victoria Moreno, dirixido ao público familiar.
EXPOSICIÓN
Dende o mércores 16 de maio e ata o 4 de xuño, o baixo da Casa do Concello de Melide acollerá unha exposición sobre a figura de María Victoria Moreno, con entrada libre e gratuita.