Novas

Máis novas

Melide celebrou a XXVII Festa do Melindre con milleiros de visitantes á vila

14/05/2018. O Concello de Melide celebrou a pasada fin de semana a XXVII Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide. Unha edición cargada de novidades con actividades para toda a familia durante toda a fin de semana

MELIDE 14 de maio de 2018.- Os irmáns xemelgos Torres, do programa de TVE “Torres en la Cocina” agradeceron ao pobo de Melide a doce acollida que tiveron estes días e destacaron a honra que supón para eles ter sido elexidos pregoeiros nesta cita gastronómica. En palabras dos chefs, a vila demostrou unha gran hospitalidade e garda unha tradición reposteira dunha importancia culinaria fundamental para a historia de Galicia, e por extensión de España.

Pola súa banda, os embaixadores puxeron en valor a importancia dos melindres, ricos e amendoados, e  recibiron a distinción do Concello de Melide pola súa labor de promoción das elaboracións históricas da Terra de Melide e polo compromiso de difusión, a partir de agora, destes produtos artesanais.

A alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, destacou no acto de nomeamento a honra que supón para a vila contar cun elenco de persoeiros tan diverso e de tanta relevancia nos seus campos apoiando esta celebración, que este ano cumpre a súa vixésimo sétima edición. Así mesmo, agradeceu aos irmáns Torres a súa entrega e cercanía en nome de toda a veciñanza.

Ao acto oficial previo ao pregón, celebrado no salón de plenos do concello, asistiron ademais da Corporación Municipal e dos embaixadores, Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Rural; Diego Calvo Pouso, Vicepresidente do Parlamento Galego; Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia; alcaldes da comarca e embaixadores de pasadas edicións.

EMBAIXADORES 2018

Os embaixadores  que prometeron protexer e conservar os doces que se exaltan la Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide nesta edición 2.018 son os Hermanos Torres, cociñeiros; o actor da serie Fariña Monti Castiñeiras; a instagramer The Foodie Searcher; o adestrador do Obradoiro CAB Moncho Fernández; o chef Quique Rodríguez; o director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia Pati Blanco, o director da Orquestra de Cámara de Galicia Rogelio Groba; o director do CIFP Compostela Ramiro Esparís; a Asociación Deportiva Cerne; o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Román Rodríguez; a Directora Xeral de Comercio e Consumo Sol María Vázquez; a Xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro e o Presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices.

MÚSICA DURANTE TODA A FIN DE SEMANA

Durante o sábado e domingo Melide acolle concertos na praza do Convento para todos os gustos. Na vila estivo presente a Banda de Música de Agolada, a Banda de Nash, Miguel Costas e Cómplices así como tamén Óscar Ibañez e Leirabuxo, grupo local, encargado de poñer o broche final á programación. O concertó de Silvia Penide, programado para o domingo na sesión vermout, tivo que ser cancelado polas inclemencias meteorolóxicas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp