Novas

Máis novas

Veciños de Melide gozan das Festas da Ascensión en Santiago de Compostela

10/05/2018. O Concello de Melide a través da Concellería de Igualdade e Benestar organizou no día de hoxe unha viaxe a Santiago de Compostela para compartir cos veciños as afamadas Festas da Ascensión que hoxe celebran o seu día grande

MELIDE 10 de maio de 2018.- Como vén sendo habitual dende o Concello de Melide e coa chegada do bo tempo, a concellería de Igualdade e Benestar organizou unha saída no día de hoxe a Santiago de Compostela para gozar do día grande das Festas da Ascensión.

Ata alí desprazáronse veciños e veciñas de Melide que partiron ás 10.30h da vila para asistir a unha misa na catedral ás 12h. Compartirán xantar e unha tarde de baile no Centro “Porta do Camiño” con seus iguais. O regreso de novo a Melide está marcado para as 20.30h.

A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide céntrase coa chegada do bo tempo de ofrecer alternativas de ocio aos máis maiores en lugares abertos, xa que durante o inverno as actividades que se ofrecen adoitan ser a cuberto debido as condicións metereolóxicas. É agora, coa chegada da primavera cando dende o departamento que dirixe María Jesús López,  se organizan andainas, diferentes saídas e iniciativas onde os máis maiores poden gozar do bo clima e das accións cos seus iguais, compartir experiencias e saír da rutina diaria.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp