Novas

Máis novas

O Concello de Melide convoca o VI Concurso de Carteis da Festa do Melindre cun primeiro premio de 500 €

04/04/2017. A intensa programación da Unidade Pastoral de Melide comezará este Domingo de Ramos coa renovación dos votos dos cofrades da Cofradía de la Soledad e a imposición de escapularios aos que se incorporan. Haberá 3 procesións.

O Concello de Melide convoca o VI concurso de carteis co fin de anunciar a XXVI Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide, que terá lugar como é habitual o 2.º fin de semana do mes de maio. Conta unha vez mais coa colaboración da Asociación de Repostaría Tradicional da Terra de Melide, Melide Terra Doce e do Balneario Río Pambre. 

O primeiro premio ascende a 500€ xunto cun lote de produtos da respostaría tradicional da Terra de Melide. Poderán participar no concurso os maiores de 15 anos cun máximo de 3 traballos por autor/a sempre que estes sexan orixinais. O material empregado e a técnica será libre, manual, mecánica ou dixital e presentaranse obrigatoriamente en soporte dixital sen sinatura de autor/a. O seu formato de deseño deberá axustarse para que sexa posible a súa reprodución en vertical e en tamaño 50x70 cm. 

O cartel deberá levar o título e a data da festa: XXVI Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide –13 e 14 de maio de 2017– Festa de Interese Turístico de Galicia. Os candidatos/as presentarán os seus traballos no Rexistro Xeral do Concello de Melide baixo plica e poderán facelo ata o luns, 12 de abril de 2017. 

Os premios do concurso son patrocinados un ano máis polo Balneario Río Pambre e pola Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce:
1º premio: 500 € en metálico + lote de produtos da repostaría da Terra de Melide.
2º premio: circuíto termal para dúas persoas no Balneario Río Pambre + lote de produtos da repostaría da Terra de Melide. 
3º premio: lote de produtos da repostaría da Terra de Melide.


Pode consultar a totalidade das bases:
- Na sección de avisos e bandos desta páxina web.
- Na páxina de Facebook da Festa do Melindre. 
- Ou ben no concello de Melide a través do teléfono 981505003 ou directamente no Departamento de Cultura.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp