Novas

Máis novas

Melide, elixido para celebrar o Geolodía pola Sociedad Geológica de España

10/05/2018. Outro ano máis a Sociedad Geológica de España, organizadora do Geolodía, pon en marcha unha celebración de divulgación xeolóxica que se celebrará en todas as provincias esta próxima fin de semana. Melide foi elixido para unha xornada

MELIDE 10 de maio de 2018.- Melide é o lugar elixido pola Sociedade Geológica de España, para celebrar o Geolodía, que se pon en marcha en todas as provincias de España durante a vindeira fin de semana con actividades para todas as persoas totalmente gratis.

A xuntanza terá lugar ás 9.30h o sábado 12 de maio no Cantón de San Roque, onde se realizará unha pequena explicación a aquelas persoas que estén interesadas en realizar a actividade para logo desprazarse ata o Careón, onde se coñecerá a ofiolita deste lugar onde fai milleiros de anos existía un oceáno.

A actividade poderán asistir persoas de todas as idades xa que a ruta está pensada para todos aqueles que estén interesados en participar. Trátase dunha actividade de divulgación da geología ao aire libre que será guiada por profesinais para comprender mellor o territorio que nos rodea.

O lema deste ano é “Mira lo que pisas”, “porque ao pisar o chan normalmente non sabemos que esconde moitas historias”, explican dende a organización.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp