Novas

Máis novas

Xuntanza de traballo co xefe territorial da Consellería de Educación

08/05/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, mantivo unha xuntanza de traballo co xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a provincia da Coruña, Indalecio Cabana. Analizaron as melloras realizadas

MELIDE 8 de maio de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García analizou xunto co xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na provincia da Coruña as melloras levadas a cabo polo ente autonómico nos colexios públicos e tamén no instituto da vila.

A finais do pasado ano, a Consellería de Educación concedía unha axuda de máis de 100.000 euros ao Concello de Melide para acometer melloras nos seus centros educativos así como tamén para a reforma do espacio que o IES de Melide adica ao Ciclo de Madeira. No CEIP Nº1 as reformas son na cuberta así como outras melloras e no CEIP Martagona, mudase a cuberta debido ao deterioro polo paso do tempo, así como tamén se renova o canalón do ximnasio.

Por outra banda, a maiores de analizar a inversión en Educación no Concello de Melide, García e Cabana, estudaron a posibilidade da ampliación da oferta educativa no IES de Melide.  “A Consellería levará a cabo un estudo para ver se é posible ampliar a formación profesional en Melide, se é viable incorporar a formación dual ao noso IES así como tamén cal é a mellor rama. Xa se adiantou a rama sanitaria é unha das que podería ter cabida en Melide. Con todo, estudarase en profundidade a súa viavilidade dende a Consellería”, explica Dalia García. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp