Novas

Máis novas

A alcaldesa de Melide asina coa Deputación o convenio da Rede Cultural

08/05/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, asintou durante a mañá de hoxe na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña o convenio da Rede Cultural. Un acordo que sufragaba parte das actuacións culturais que se organizan en Melide

MELIDE 8 de maio de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, acudiu hoxe á Deputación da Coruña a asinar os convenios da Rede Cultural polos que o Concello recibirá unha achega do 50% para sufragar accións culturais, na súa meirante parte do Verán Cultural, que se celebra durante os meses de agosto.

A Rede Cultural de 2018 recolle a realización de actuacións de teatro, monicreques, música, danza e producións audiovisuais. As propostas divídense en varios programas.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, destacou que “a sinatura deste convenio permite a mellora da programación cultural do Concello que se desenvolve ao longo de todo o ano, facendo especial fincapé no Verán Cultural de agosto. Agardemos que todas as actividades e espectáculos que se van a representar, sigan tendo o mesmo éxito que os organizados ata o de agora”. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp