Novas

Máis novas

Primeiro premio para o IES de Melide no Concurso Aliméntate Ben

07/05/2018. O IES de Melide vén de recibir o primeiro premio no Concurso Aliméntate Ben, unha iniciativa que parte da Xunta de Galicia e que pretende inculcar nos máis novos, hábitos alimenticios para unha boa calidade de vida no futuro

MELIDE 7 de maio de 2018.- O alumnado de primeiro da ESO do IES de Melide fíxose co primeiro premio no Concurso Aliméntate Ben, unha iniciativa da Xunta de Galicia dirixida aos centros de ensino secundario e formación profesional que tiña como obxetivo inculcar entre os mozos uns bos hábitos alimenticios.

O proxecto foi presentado o pasado venres polo alumnado de Melide e recibiu o primeiro premio. O galardón conta de 2.500 euros para empregar en financiar as actividades do Concello nos proxectos que se levan a cabo no centro educativo e un día de desfrute no parque acuático de Cerceda. O proxecto do Ies de Melide consistía nunha producción cinematrográfica titulada “5 nutriconsellos para un almorzo saudable”.

No traballo dos rapaces e rapazas de Melide amósase como tiveron que realizar labores de documentación e investigación relacionados cos hábitos saudables en xeral e da alimentación en particular. Na peza audiovisual os protagonistas trataron de aportar toda unha serie de consellos sobre a nutrición saudable, desmontando algúns mitos sobre a alimentación.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp