Novas

Máis novas

A Gala Solidaria de Melide recolle 13,8 toneladas de alimentos

07/05/2018. Un ano máis, Melide acolleu a Gala Solidaria que se celebrou no Palacio de Congresos e contou coa asistencia de 4.000 persoas. A Asociación Melide Móvese contou coa colaboración do Concello de Melide para a organización do evento

MELIDE 7 de maio de 2018.-  A Gala Solidaria de Melide que este pasado venres chegaba a súa V edición, recaudaba 13,8 toneladas de alimentos.

O evento, que estivo organizado pola Asociación pola Asociación Melide Móvese en colaboración co Concello de Melide, contou coas actuacións da orquestra Garibaldi e a orquestra o Combo Dominicano que presentou a súa xira para o verán 2018 en Melide.

Durante toda a tarde do venres, voluntarios de Cáritas Parroquial e da Fundación Amigos de Galicia recolleron alimentos dos veciños e veciñas que se achegaron ata o Palacio de Congresos e Exposicións.

Ata Melide, para gozar desta V Gala Solidaria, desprazáronse preto de 4.000 persoas que entregaban para poder entrar ao recinto produtos non perecedoiros que se repartirán entre as familias máis necesitadas.

“Cada ano supéranse as expectativas e os datos de anos pasados”, dicía a alcaldesa de Melide Dalia García, xa que este ano a Gala Solidaria superou o número da anterior chegando a recollerse case 14 toneladas de alimentos.

Por parte de Cáritas Parroquial de Melide “a satisfacción foi máxima xa que gracias a todas estas accións que se celebran na nosa vila axúdannos a ter a nosa despensa chea para poder repartir alimentos entre as familias máis necesitadas, temos moito que agradecer a todos os asistentes á Gala e ás persoas que trouxeron alimentos durante a tarde e noite do venres ao Pazo de Congresos”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp