- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Descende o paro en Melide e Comarca no pasado mes de abril
04/05/2018. Un total de 6 persoas atoparon un emprego no pasado mes de abril na vila de Melide, sendo o número de desempregados na actualidade de 433. No conxunto da Comarca o paro descendeu tamén en 17 persoas, sendo un total de desempregados de 642
MELIDE 4 de maio de 2017.- O paro descende un mes máis en Melide e nos concellos da Comarca: Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes. Na actualidade a Comarca da Terra de Melide conta cun total de 642 desempregados, 17 persoas menos que no pasado mes de marzo. Así as cousas, Melide é a vila da Comarca onde máis descende o paro cun total de 6 desempregados menos no mes de abril. Melide conta na actualidade con 433 parados. Santiso ten 85 parados, 5 menos que no mes anterior, Sobrado 2 desempregados menos e Toques ten 58 persoas desempregadas, 4 persoas menos que no mes de marzo.
Con todo, Galicia foi a Comunidade na que máis baixou o paro na evolución anual en abril, que se pechou cunha caída do 10,92%, a maior de toda a serie histórica, desde 1996, o que supón que na actualidade hai 22.338 persoas menos en situación de desemprego que en abril de 2017. Ademais, a Comunidade galega superou en máis de 4 puntos o ritmo de descenso do Estado (-6,64%).