Novas

Máis novas

A campaña de concienciación “O que se enchufa, recíclase” chega a Melide

04/05/2018. Hoxe e mañá o Cantón de San Roque acolle o stand “O que se enchufa, recíclase” . Unha acción que pretende ofrecer información e sensibilización sobre a importancia de reciclar os residuos de aparatos eléctricos e electrodomésticos

MELIDE 4 de maio de 2018.- O Concello de Melide, acolle durante as xornadas de hoxe e de mañá a campaña “O que se enchufa, recíclase” para concienciar e sensibilizar sobre a importancia da correcta xestión dos residuos e aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE).

Para isto, dous asesores terán un punto informativo durante hoxe e mañá no Cantón de San Roque, ao carón do parque infantil. As persoas que se acheguen poderán informarse sobre os RAEE e coñecer os métodos de reciclaxe destes ao fin da súa vida útil. Ademais, poderán participar nun sinxelo xogo de ruleta co que conseguirán un agasallo.

«O que se enchufa, recíclase» é unha iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ofiraee e o Concello de Melide, co obxectivo de fomentar a correcta xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (tales como ferros, televisores, frigoríficos ou tablets) levándoos aos establecementos adheridos ou aos puntos limpos existentes nos concellos para a súa reciclaxe.

O Concello de Melide colabora con esta iniciativa xa que se trata dunha boa maneira para dar a coñecer a maneira de proceder cando os diferentes RAEE deixan de funcionar para poder reciclalos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp