Novas

Máis novas

O Concello de Melide programa unha excursión ás Festas da Ascensión

03/05/2018. A Concellería de Igualdade e Benestar ten aberto o prazo de inscrición para poder participar nunha excursión que se vai a realizar a Santiago de Compostela o vindeiro xoves día 10 de maio. A inscrición faise no Centro Social

MELIDE 3 de maio de 2018.- A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide organiza xa a súa primeira saída para inaugurar a primavera e con ela a chegada do bo tempo para realizar actividades no exterior. Tal é así, que o vindeiro xoves 10 de maio, o departamento que dirixe María Jesús López Mourón, prepara unha excursión ás festas da Ascensión de Santiago de Compostela.

A folla de ruta será a seguinte: os veciños partirán de Melide ás 10.30h da mañá con saída do Cantón de San Roque e asistirán a unha misa na Catedral de Santiago ás 12h. Posteriormente, compartirán un xantar e unha tarde de baile no Centro “Porta do Camiño” con seus iguais. O regreso de novo a Melide está marcado para as 20.30h.

As persoas interesadas en acudir teñen que anotarse no Centro Social de Melide ou no teléfono 981 50 57 06.

A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide céntrase coa chegada do bo tempo de ofrecer alternativas de ocio aos máis maiores en lugares abertos, xa que durante o inverno as actividades que se ofrecen adoitan ser a cuberto debido as condicións metereolóxicas. É agora, coa chegada da primavera cando dende o departamento que dirixe María Jesús López,  se organizan andainas, diferentes saídas e iniciativas onde os máis maiores poden gozar do bo clima e das accións cos seus iguais, compartir experiencias e saír da rutina diaria.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp