Novas

Máis novas

Os montes de Melide serán protagonistas na IX Xuntanza Cabalar

02/05/2018. Como cada ano a Asociación Cabaleiros do Bocelo celebra unha nova edición da Xuntanza Cabalar que a maiores dun xantar e cea de confraternindade tamén ten na súa programación unha ruta polos montes de Melide e do Concello de Toques

MELIDE 2 de maio de 2019.- O Concello de Melide colabora un ano máis coa Asociación Cabaleiros do Bocelo na súa xuntanza anual. Este ano, a iniciativa chega a súa novena edición e incorpora como novidade un xantar de confraternidade, xa que en edicións anteriores os participantes compartían tan só a cea.

A IX Xuntanza Cabalar de Melide terá lugar o vindeiro sábado 5 de maio e contará con cabaleiros chegados de todas as provincias galegas. O lugar de encontro será o palacio de Congresos e Exposicións da vila onde os participantes compartirán un xantar para coller forzas, xa que ás 16h esta planificado que se inicie a ruta polo Monte Bocelo no Concello de Melide e no Concello de Toques. Durante a ruta haberá varios puntos onde os cabaleiros poderán reponer forzas.

Ás 22h da noite está prevista unha cea no Pazo de Congresos e Exposicións onde un dúo musical poñerá a banda sonora. O prezo do xantar é de 25 euros e os teléfonos de contactos para a inscrición son o 636 54 55 43 ou o 678 066 469.

Como é habitual o Concello de Melide colabora con esta iniciativa dunha asociación da vila como é A Asociación de Cabaleiros o Bocelo que coa súa actividade fan que a primeira fin de semana de maio volva a estar chea de dinamismo e alternativas de ocio no municipio.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp